O Concello da Pobra fortalece a súa estratexia turística coa visita a FITUR

24 Xaneiro 2025

Madrid acolle nestes días o evento de referencia do sector turístico: a Feria Internacional de Turismo (FITUR) 2025.

Nesta feira estivo presente novamente a Mancomunidade Barbanza Arousa (integrada polos municipios da Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Rianxo) coa finalidade de presentar o xeodestino baixo o lema Siempre querremos volver; centrado na fidelización do visitante e a oferta de desconexión da rutina os 365 días do ano, potenciando a marca conxunta. Proxectouse así un novo audiovisual que contou coa asistencia de representantes políticos dos distintos concellos e coa intervención de diferentes autoridades no eido turístico.

O Concello da Pobra do Caramiñal aproveitou tamén a ocasión para nutrir a súa estratexia turística. Neste senso, a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, cualificou como “enriquecedora” esta estadía ao “coñecer os produtos e modelos turísticos doutros destinos, ademais de ser unha excelente oportunidade para avaliar futuros proxectos e a incorporación de novas actividades acordes á nosa estratexia municipal encamiñada a un turismo sostible”.

Ramos salientou tamén a implantación das novas tecnoloxías que aportan un valor engadido e diferencial nas viaxes. En definitiva, isto permítenos ter unha mellor perspectiva do sector e que, como Administración local, nos actualicemos tendo en conta as novidades e as tendencias a nivel nacional e internacional.”

Reforzouse, ademais, a presenza da localidade nesta cita líder do sector mediante material divulgativo ao dispor das persoas visitantes para que coñezan a oferta turística.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...