O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo) galardoado nos premios Tolerancia Cero Fronte ao Acoso

18 Xaneiro 2025

A Xunta de Galicia anunciou os premiados na primeira edición dos premios Tolerancia Cero Fronte ao Acoso Escolar, que distinguen o compromiso de oito centros educativos na loita contra este programa e coa mellora continua do clima de convivencia nos centros educativos. Segundo explicou a Xunta, estes recoñecementos “valoran as iniciativas específicas que promoven a convivencia, servindo como exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa”. O obxectivo do programa é “fomentar a participación do alumnado en actividades que promovan o respecto polos dereitos humanos e contribúan a combater o acoso e o ciberacoso, ademais de prestar apoio ás vítimas”.

Na categoría de Primaria, o primeiro premio, dotado con 8.000€, é para o Colexio CEIP Mestre Martínez-Alonso (Mos). O segundo galardón, de 4.000€, recae no Colexio CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo). O terceiro premio, cunha dotación de 2.000€, é para o Colexio CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago). O Colexio CEIP de Teixeiro (Curtis) recibe unha mención de honra, coa correspondente asignación de 1.000€. 

En Secundaria, o Instituto IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago) obtén o primeiro premio, con 8.000€. O Instituto IES Xesús Taboada Chivite (Verín) acada o segundo posto, con 4.000€, mentres que o terceiro é para o Instituto IES Armando Cotarelo Valedor (Vilagarcía de Arousa), con 2.000€. A mención de honra recae no Instituto IES de Cacheiras (Teo), dotada con 1.000€. 

Para asignar estes galardóns, un comité avaliador analizou as propostas presentadas atendendo a criterios como a calidade das accións realizadas, a coordinación docente, a implicación de toda a comunidade educativa, o impacto no proceso de aprendizaxe e a repercusión global no centro. 

instituto de soutomaior

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.