Muros ingresou máis de 200.000 euros polo canon da concesionaria da auga, que leva sen cobrarse dende 2016

08 Xaneiro 2025

O Concello de Muros fixo balance dos ingresos derivados das catro últimas anualidades (2020-2024) do canon da empresa concesionaria do servizo de auga, uns ingresos que ascenden finalmente a 202.557,87 euros. Segundo explicou a alcaldesa María Lago, “o contrato da Mancomunidade de Augas Muros-Carnota inclúe o pago dun canon anual por parte da empresa concesionaria do servizo, pero os dous concellos levaban sen cobralo desde 2016”.

Lago e Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota, negociaron desde a Mancomunidade un acordo coa empresa, “ao que se chegou sen necesidade de tomar outro tipo de medidas”, sinalaron, engadindo que este canon “forma parte do contrato e a concesionaria sabe que debía pagar”.

“Ademais destes 202.557,87 euros, cobraremos tamén a cantidade correspondente ao ano 2024, uns cartos que podemos destinar a outras necesidades da veciñanza”, apuntou María Lago.

Por outra parte, a Mancomunidade traballa na elaboración duns pregos para sacar a licitación un novo contrato do servizo da auga.

O dobre canon da Xunta

Os rexedores explicaron tamén que a situación “non cambia no que respecta ao canon autonómico da auga, que cobramos os concellos, no caso de Muros a través da concesionaria, pero transferimos integramente á Xunta de Galicia”, e no coñecido como ‘imposto á choiva’.

Os concellos que verten as augas ás depuradoras que xestiona Augas da Galicia, entre eles Muros, pagan desde hai dous anos outro canon pola xestión destas instalacións, que “basicamente consiste en gravar o maior caudal que chega ás depuradoras cando chove”, sinalou a rexedora, poñendo o foco no feito de que “son gastos e taxas derivados de servizos de competencia autonómica pero que cobramos os concellos á veciñanza, unha situación inxusta xa que despois os investimentos da Xunta en Muros non compensan nin de lonxe o recadado”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.