Muros acolle este sábado “Testosterona”, unha comedia reflexiva sobre o mundo laboral

28 Xaneiro 2025

Este sábado, o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a representación de Testosterona, da produtora Malasombra, unha comedia que aborda a desigualdade laboral desde “unha perspectiva única e reflexiva”. A obra narra a competición entre un home e unha muller por un cargo de máxima responsabilidade nun medio de comunicación, explorando factores como a capacidade, o sexo ou a experiencia. O elenco está formado por Luís Iglesia (Matalobos, Serramoura) e Camila Bossa (La Unidad, Matalobos).

Testosterona é unha obra escrita por Xoque Carvajal que nos conta a historia do director dun importante medio de comunicación que debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Unha é muller, home o outro.

Xoque Carbajal adapta neste espectáculo a obra Testosterona da escritora mexicana Sabina Berman. Trátase dunha comedia que fala da desigualdade laboral por cuestión de sexo.

A concelleira de Cultura, Caridad González, subliña que con Testosterona “queremos ofrecer ao público a oportunidade de reflexionar sobre a desigualdade no ámbito laboral dunha maneira amena e accesible, sen perder de vista a gravidade do tema. Esta comedia non só provoca risas, senón tamén reflexións sobre cuestións tan relevantes e actuais como a igualdade de xénero nas altas esferas profesionais”.

Sábado, 1 de febreiro ás 20:30 h

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Duración: 75 minutos

Público: +13 anos (PA)

Entrada: 3,50 €

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.