Miryam Vidal entrégalle ao Concello dePadrón tres exemplares do seu primeirolibro ‘Romeo y yo’

29 Xaneiro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, amosou o seu agradecemento á escritora e perruqueira padronesa Miryam Vidal polo agasallo de tres exemplares do seu primeiro libro, Romeo y yo, á biblioteca municipal, permitindo que a súa obra chegue á veciñanza. A escritora, emocionada, asegurou que para ela “é un orgullo” poder ver a súa obra na biblioteca do seu pobo natal.

Durante unha reunión mantida na alcaldía, Vidal compartiu a súa experiencia e as motivacións que a levaron a escribir Romeo y yo, unha historia de amor entre Soledad Torres, unha escritora viúva, e William Vega, un famoso artista musical, que deben afrontar múltiples desafíos para manter a súa relación. A obra tamén aborda temas como as drogas, o lado oscuro da fama e o choque de culturas e estilos de vida dos protagonistas.

Vidal, de carácter inquedo e cunha gran capacidade de comunicación, explicou que a escrita foi unha terapia persoal durante un momento delicado da súa vida, cando estaba atravesando un divorcio. “Escribir serviume para soportar o proceso no que me atopaba”, recoñeceu. A pesar de non ter pensado en principio en publicar o seu traballo, a escritora decidiu compartir a súa historia por satisfacción persoal, animada pola súa editorial.

Anxo Arca animou a autora a seguir compartindo o seu talento e a continuar escribindo para a súa comunidade. Vidal, que tamén é propietaria da perruquería Fetén en Padrón, non descarta a posibilidade de publicar unha segunda parte da súa historia.

O pasado 11 de xaneiro, Miryam Vidal presentou oficialmente Romeo y yo no auditorio municipal de Padrón, nun acto no que estivo acompañada polos xornalistas Miguel Piñeiro e María Xosé Rodríguez. O evento, que contou coa participación de máis dun cento de persoas, foi un éxito, con moitos asistentes levando exemplares asinados pola autora.

Miryam Vidal, nacida en 1985 e segunda de tres irmáns, iniciou a súa carreira literaria no instituto, escribindo relatos curtos. A súa obra, nacida e creada en Padrón, tamén é un reflexo do seu amor pola súa vila, á que continúa transmitindo aos seus fillos. A escritora agradeceu o apoio do equipo de goberno padronés e destacou que, sexa onde for, sempre levará o nome de Padrón consigo.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradece o xesto de Miryam Vidal ao agasallarlle tres exemplares do seu primeiro libro á biblioteca municipal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.