Atendendo ás previsións meteorolóxicas previstas para este domingo 5 de xaneiro, o Concello de Boiro e a Comisión Parroquial de Santiago de Lampón cancelan a tradicional Cabalgata de Reis que percorre o municipio.
No seu lugar, as SSMM os Reis Magos de Oriente farán unha recepción no pavillón da Cachada para repartir caramelos a todos os nenos e nenas e atender os seus desexos de ultima hora. A recepción terá lugar a partir das 18.00 horas e contará con chocolatada e animación musical a cargo de DJ Matrek.



