Chamado a doar sangue ante as baixas reservas de varios grupos sanguíneos A+, A- e 0-

02 Xaneiro 2025

ADOS fai un chamado a doar sangue ante as baixas reservas de varios grupos sanguíneos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) insistiu na importancia de doar sangue nos días previos e posteriores ás festividades, especialmente en xaneiro, tras as celebracións do Nadal.

Nun comunicado, ADOS alertou sobre os baixos niveis de reservas nos grupos sanguíneos A+, A- e 0+, instando á cidadanía para colaborar para garantir a subministración necesaria nos centros sanitarios. Segundo a entidade, diariamente necesítanse entre 400 e 500 doazóns para cubrir as demandas de compoñentes sanguíneos en Galicia.

Co obxectivo de facilitar as doazóns, ata o Día de Reyes, unidades móbiles de ADOS estarán presentes en diversas localidades galegas, incluíndo As Pontes, Carballo, Ribeira, Lalín, A Guarda, A Pastoriza, Mondoñedo, Narón, Betanzos, A Illa de Arousa, Noia, Marín e Redondela, entre outras.

ADOS lembra que doar sangue salvo vidas e anima aos cidadáns para sumarse a este acto solidario nun momento crucial para as reservas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.