Caamaño rende tributo musical (este domingo) ao director da banda de música local, Francisco Olveira Santos

09 Xaneiro 2025

A Casa da Cultura de Caamaño (Porto do Son) vai acoller este domingo 12 de xaneiro un concerto-homenaxe ao que foi director da histórica Banda de Música de Caamaño, Francisco Olveira Santos, e aos músicos que o acompañaron as pasadas décadas na súa importante contribución musical e artística á parroquia sonense e a toda a comarca. O concerto-tributo contará, precisamente, coa presenza da Banda de Música de Caamaño.

Tamén está prevista a actuación da banda local Suevia, destacada agrupación de raizame galega liderada polo músico e docente Pepe Romero.

Dará comezo ás 17.00 na Casa da Cultura. Organiza a asociación local que leva o nome do músico en colaboración co Concello de Porto do Son.

Francisco Olveira Santos pertence á estirpe de músicos que impulsaron e fixeron posíbel a histórica formación, creada en 1912 por Manuel Olveira Paz, pai de José e Francisco Olveira Santos (este último dende 1968 á fronte da Banda de Música, na actualidade liderada polas novas e novos representantes familiares da saga Olveira).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.