Barbanza Arousa xa está en FITUR enxalzando os seus tesouros

23 Xaneiro 2025

Barbanza Arousa e os concellos integrantes da Mancomunidade (Rianxo, Ribeira, A Pobra e Boiro) están xa no salón FITUR de Madrid, feira turística de referencia no ámbito estatal, para reivindicar os seus tesouros ambientais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos.

O novo presidente de Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, xunto coa técnica local de Turismo comezou este mércores 22 no recinto de IFEMA (Madrid) unhas intensas xornadas de traballo para promocionar o destino, así como para artellar diferentes colaboracións con este propósito con outras administracións e entidades privadas

Este xoves 23, ás 18:00, desenvolverase a presentación do novo vídeo promocional da comarca, unha presentación na que, ademais do alcalde. participarán tamén o vicepresidente da Deputación da Coruña e o director de Turismo de Galicia.

Bustelo, en calidade de presidente da Mancomunidade, será o encargado de presentar a nova campaña da entidade supramunicipal: a campaña Barbanza Arousa, siempre querremos volver, unha iniciativa de promoción coa que se quixo reflectir a esencia do territorio como destino turístico familiar e tranquilo os 365 días do ano (no spot convídase a descubrir a comarca desde os ollos dunha parella que elixe o Barbanza para pasar uns días de descanso).

O audiovisual que presenta este xoves Barbanza Arousa é un extracto dunha curtametraxe, Siempre querremos volver, que será estreada a posteriori. Segundo avanzaron os catro concellos nos días previos a FITUR, “esta produción audiovisual vén dar apoio á personalidade do propio destino que recolle todas as características necesarias para ofrecer unha desconexión da rutina tan necesaria nos nosos tempos”. Preséntase polo tanto Barbanza Arousa como un destino “no que a paisaxe, a tranquilidade, a historia do territorio e as posibilidades que ofrece poden ser desfrutadas en calquera momento do ano”.

Julián Bustelo destacou a importancia de FITUR “para posicionar o noso territorio no mercado global, atraendo visitantes interesados ​​en experiencias auténticas e sostíbeis”.

Por certo que nesta nova edición de FITUR, a Mancomunidade Barbanza Arousa, recollerá o distintivo de Destino Turístico Intelixente outorgado por SEGITTUR nun acto que previsto para o xoves 23 ás 16:45h no auditorio de FITUR Know-How & Export.

A axenda de participación na feira completarase con reunións de traballo con touroperadores e axentes dixitalizadores para coñecer de primeira man as novidades do sector. A nivel promocional, un ano máis, a presenza da mancomunidade en FITUR refórzase coa colocación dun tótem publicitario nunha das entradas aos pavillóns expositivos, que todos os anos anteriores ofreceu un feed back extraordinario de visitas á web de Barbanza Arousa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...