Barbantia celebra o sábado 31 a súa asemblea xeral e a presentación de “Os mortos que amei”, de Iria Collazo

21 Xaneiro 2025

A Asociación Cultural Barbantia anunciou que vai celebrar a súa asemblea xeral ordinaria o vindeiro venres 31 de xaneiro no Auditorio Municipal de Rianxo. A primeira convocatoria dará comezo ás 18.30 e a segunda e derradeira a partir das 19.00 horas.

Na mesma xornada do 31 de xaneiro e na mesma localización (o Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo) Barbantia levará a cabo a presentación (ás 20.30 horas) do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo, coa intervención de Antón Riveiro Coello, escritor e vogal da A. C. Barbantia; Marcos Valcárcel, editorial Galaxia; María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia e do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, amais da propia autora Iria Collazo.

No acto contarase cunha intervención plástica a cargo do escultor Camilo Seira.

A apertura e o peche musical virá da man de Leo Sánchez Figueiro (piano), da Escola de Música de Rianxo.

Este acto está enmarcado nos Actos Castelao 2025 que organiza o Concello de Rianxo.

A maiores, lembrar que a saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia número 201 será o sábado 1 de febreiro conxuntamente con La Voz de Galicia.

Screenshot

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...