O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira atópase estes días de xaneiro na recta final do Módulo de Prevención de Riscos Laborais, un apartado que segundo informaron dende as dúas administracións resulta “preciso e imprescindíbel” para comezar a actuación laboral e a inserción do alumnado. De feito, esta instrución, xunto coas ensinanzas iniciais das especialidades, preséntase coma a base principal formativa. Así, en breve comezarase coas actuacións concretas en espazos públicos no noso municipio, así como no Concello de Ribeira.

Está décima edición do Obradoiro de emprego Tahume recolle un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades.
Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 30.000 euros con vistas a fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.
Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.
A continuación, achegamos a listaxe de proxectos/obras previstas en Porto do Son neste Obradoiro:
– Mantemento das pasarelas de madeira na praia de Coira, Portosín.
– Reparación do peche de madeira do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño.
– Instalación dun peche de madeira para o parque infantil de Nebra.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación na parroquia de Miñortos.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Trapa, na parroquia de Goiáns.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Coira, na parroquia de Goiáns.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Arnela, na parroquia de Baroña.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Castro, na parroquia de Baroña.
– Mellora da masa arbórea no lugar de Xan Pasal, parroquia de Queiruga.
– Mellora da masa arbórea no lugar de Madanela, parroquia de Ribasieira.
– Mellora da masa arbórea no lugar da Ponte Medieval, parroquia de Xuño
Listaxe de proxectos/obras previstas en Ribeira:
– Pasarela de madeira no campo de fútbol do Carreiro en Aguiño
– Renovación dos accesos á pasarela da praia do Castro en Castiñeiras
– Reconstrución da ponte de madeira do río Listres entre Aguiño e Castiñeiras
– Restauración e bancos: Entorno da pasarela da Praia do Castro en Castiñeiras así como outras tarefas en madeira
– Actividades auxiliares en conservación e mellora do Monte de San Roque e do río Pedrín