Amicos presenta aos alcaldes de Barbanza-Arousa as medidas para frear e mitigar o cambio climático do proxecto Climability

16 Xaneiro 2025

A sede da Mancomunidade de Municipios Barbanza-Arousa (formada polos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo) acolleu este xoves 16 de xaneiro unha reunión no marco do proxecto Climability (Solucións inclusivas e sostíbeis para a adaptación do cambio climático). No encontro participaron os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, de Rianxo, Julián Bustelo, da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e de Ribeira, Luís Antonio Barral, e técnicas da Mancomunidade; ante os que se presentaron as principais conclusións sobre impacto do cambio climático na comarca recollidos nun estudo elaborado polo equipo do proxecto.

As persoas encargadas de presentar o traballo realizado ao abeiro da iniciativa foron Cristina Sanmiguel, axente medioambiental da asociación comarcal Amicos, Xoán España, director xeral da entidade, e Lola Gómez, técnica de proxectos da mesma. A finalidade non só foi trasladarlle aos rexedores locais as principais repercusións do cambio climático na comarca, senón presentarlles tamén as solucións baseadas na natureza que poderían aplicarse para frear e adaptarse a este fenómeno.

Esta cita buscou poñer en común o traballo de sensibilización e investigación ambiental realizado por Amicos e os seus colaboradores no marco de Climability cos responsábeis locais para fomentar o deseño de solucións ambientais e a integración do enfoque ambiental na planificación das distintas políticas e estratexias. Estas conclusións aséntanse nun estudo realizado, tamén ao abeiro do programa, co apoio da Fundación Juana Vega. As conclusións do mesmo inciden en como o cambio climático nas comarcas do Barbanza e de Verín, as principais problemáticas ambientais e climáticas nestas zonas e ao análise das posíbeis Solucións Baseadas na Natureza (SBN) que poderían ser postas en práctica.

O cambio climático dende distintos eidos

As responsábeis de Amicos explicaron que Climability non só é un proxecto de activismo sobre o cambio climático, é tamén unha iniciativa de integración social conducida por persoas con discapacidade intelectual. Para iso, un grupo de dez axentes e activistas medioambientais de Amicos participaron en distintas formacións sobre esta temática para especializarse e converterse en promotores das accións de sensibilización e información. O obxectivo é establecer redes inclusivas comarcais de traballo e apoio de iniciativas relacionadas coas solucións baseadas na natureza que permitan unha mellor adaptación o cambio climático.

Climability conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Convocatoria de subvencións para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021 – 2030.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.