Adrián Hermida inaugura na súa terra (Rois) unha exposición de pintura: “Olladas”

27 Xaneiro 2025

O Multiusos de Rois acolle dende o pasado venres 24 de xaneiro unha destacada mostra de pinturas do artista local Adrián Hermida. A exposición foi inaugurada coa presenza do alcalde Ramón Tojo, e dos concelleiros José Luis Ares e Victoria Quiroga. A mostra, titulada Olladas, recolle paisaxes e retratos realizados por Adrián, creador autodidacta natural de aldea de Barro en Oín (Rois), que segundo el mesmo relatou na inauguración do pasado venres, comezou a facer traballos a lapis cando tiña vinte anos e foi formándose co paso do tempo en diferentes técnicas que se poden apreciar na exposición. As obras están á venda e as persoas interesadas en adquirilas poden facelo poñéndose en contacto co artista grazas ás tarxetas que acompañan a mostra. A exhibición estará aberta ao público con entrada gratuíta ao longo de todo mes, até o vindeiro 28 de febreiro.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.