ADISBISMUR planta medio cento de freixos no parque de Vista Alegre

23 Xaneiro 2025

Este xoves 23 de xaneiro as usuarias e monitoras da asociación ADISBISMUR, con centro principal de actividades en Outes, Muros e Mazaricos, plantaron 55 freixos no parque de Vista Alegre da Serra como parte das intervencións para a renaturalización do tramo urbano do río Tins que impulsa o proxecto ReNatur_Outes. Con esta plantación son xa máis de 300 árbores frondosas, sobre todo freixos (Fraxinus excelsior) e ameneiros (Alnus glutinosa), árbores autóctonas propias dos bosques de ribeira, que se levan plantado como parte do proxecto, ás que se suman 200 arbustos así como fieitos endémicos.

O obxectivo da acción foi dobre: por unha banda contribuír á recuperación dos ecosistemas de ribeira na zona do esteiro do río Tins, situada xa en plena Rede Natura 2000, pois estas árbores teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados; e pola outra consolidar os noiros ao longo do tramo urbano do río para evitar erosión e danos durante os episodios de enchentes.

Na xornada deste xoves 23 as voluntarias de ADISBISMUR tamén colaboraron na eliminación e control de especies exóticas invasoras, actuando sobre varias manchas de Tradescantia fluminensis, que foi retirada para permitir o asentamento das especies propias do esteiro.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non “só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”, explican as entidades impulsoras do proxecto.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.