ADISBISMUR celebra este domingo a XIV edición do seu Festival Benéfico 

10 Xaneiro 2025

O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, celebrarase o XIV Festival Benéfico ADISBISMUR na Casa da Cultura de Mazaricos (A Picota) a partir das 17:00 horas, organizado pola asociación inclusiva da comarca de Muros, Outes e Mazaricos, ADISBISMUR. Este evento, consolidado como unha cita imprescindíbel no calendario cultural da comarca, ofrecerá unha tarde chea de teatro, música, bailes e moitas risas para todos os públicos.

Desta volta contarase coa participación especial das Pandeireteiras da Solaina e da Escola de Música (ESMU) de Carnota, que se suman ao amplo programa artístico previsto para a gala do domingo.

Ademais, o festival continuará o 19 de xaneiro na Casa da Cultura de Outes, onde se manterá a mesma esencia: diversión, cultura e solidariedade.

O obxectivo deste festival é recadar fondos a través dun donativo de 5 euros, destinados a apoiar as actividades e proxectos de ADISBISMUR, unha entidade comprometida co benestar das persoas con discapacidade da comarca.

O evento conta coa colaboración de GADIS, EROSKI, Carnicerías H. Pena e o Concello de Mazaricos, que fan posible a celebración dun festival que combina entretemento e compromiso social.

Para ampliar información, contactar coa entidade na conta de correo adisbismur@cogami.gal ou no teléfono 981764377 – 636846774.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.