Activada a alerta laranxa en Galicia por fortes ventos e chuvias intensas. Santiago pecha parques e xardíns

24 Xaneiro 2025

A cicloxénesis explosivas​ e borrasca Eowyn afectará de refilón a Galicia.

A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa en Galicia para as próximas horas debido á chegada a borrasca Eowyn, unha fronte moi activa que traerá ventos intensos e precipitacións abundantes. A situación afectará de forma especial á Mariña lucense e ás zonas montañosas de Ourense, onde se esperan refachos de vento que poderán superar os 100 km/h.

No resto do territorio galego, os ventos do suroeste alcanzarán velocidades de 70-80 km/h, mentres que as precipitacións intensas avanzarán de oeste a leste, deixando acumulacións significativas ao longo do día.

As autoridades piden extremar as precaucións, especialmente en áreas costeiras, zonas de montaña e estradas onde o vento e a chuvia poderían dificultar a seguridade. Recoméndase evitar desprazamentos innecesarios e asegurar obxectos que poidan verse afectados polo vento forte.

Este episodio meteorolóxico súmase a un inverno marcado pola inestabilidade, e espérase que as condicións melloren nas vindeiras xornadas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.