A XX Semana Cultural de Aguiño vén (esta fin de semana) con música, teatro e homenaxes (ao Xuventú, á Confraría e a Francisco Lorenzo Mariño)

15 Xaneiro 2025

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño vai comezar o ano cun amplo programa de actividades culturais: as encadradas na celebración da XX Semana Cultural, que coincidirá co 20º aniversario da fundación da entidade (2005-2025). As iniciativas previstas desenvolveranse os días 17, 18 e 19 de xaneiro con actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía.

Segundo fixo saber a asociación, será unha edición especial que renderá homenaxe a varios fitos históricos na parroquia, como os 50 anos do equipo Xuventú Aguiño. Contarase cunha intervención a cargo do seu actual presidente, Xosé Manuel Vilas Álvarez, e está previsto que participe o historiador e xornalista Xosé María Fernández Pazos, cronista oficial de Ribeira e autor do libro sobre a traxedia do Santa Isabel, recentemente reeditado. A presentación contará coa participación do alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e do vicepresidente da asociación organizadora, Unai González Suárez, quen inaugurarán oficialmente a programación. Ademais, estará presente o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, en representación da Confraría de Carreira e Aguiño, que recentemente celebrou o seu centenario (1924-2024).

O acto rematará cunha actuación do grupo de pandereteiras As sete linguas, en homenaxe ás Letras Galegas 2024, dedicadas ás cantareiras galegas. A xornada concluirá cun ágape de fraternidade para todos os asistentes.

O sábado 18 de xaneiro, a programación dará inicio ás 17:00 h cun acto no cemiterio de Porto do Son, onde está previsto realizar a tradicional ofrenda floral anual ao que fora párroco de Aguiño, Francisco Lorenzo Mariño, soterrado no dito camposanto. A carón da tumba do sacerdote, destacada figura da actividade cultural e veciñal da parroquia de Aguiño durante décadas, interpretarase a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego. Ás 19:00 h terá lugar na igrexa do Carme de Aguiño unha misa polo 21º aniversario do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño.

A xornada culminará ás 20:00 h no conservatorio de Aguiño co espectáculo de humor e música Duo Vaguedades, protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei. Trátase dunha proposta de Artefeito Producións na que Risco e Rei interpretan a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nunha peza de teatro cómico para todos públicos.

O domingo 19 de xaneiro será dedicado aos máis pequenos e ás familias. Ás 17:30 h, o multiinstrumentista Paco Nogueiras presentará o seu espectáculo Son Animal, que combinará música e diversión. Para rematar, todos os asistentes recibirán lambetadas e caramelos.

Apoios institucionais e empresariais

A asociación organizadora agradece a colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña, e empresas como CONRESA, Farmacia Mariño de Aguiño, Digar de Artes, Fabri Barbanza, Fripusa e Combustibles Puebla. Grazas a estes apoios, é posible manter o acceso libre e gratuíto aos actos.

Presentación da nova edición da Semana Cultural

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.