A Xunta achega propostas de colaboración ao Club de Remo da Pobra para retomar a súa actividade logo do incendio do 5 de xaneiro

09 Xaneiro 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron este xoves 9 de xaneiro unha xuntanza de traballo con representantes do Club de Remo da Pobra do Caramiñal, aos que trasladaron a proposta de colaboración logo do incendio rexistrado nas súas instalacións o pasado 5 de xaneiro.

O titular do Mar manifestou á directiva do club a posta a disposición da entidade dunha nova nave para uso de almacén e tarefas deportivas a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato. Villares destacou as xestións realizadas por Portos de Galicia que traballou nas últimas horas de xeito coordinado coa Secretaría Xeral de Deportes da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para “procurar unha solución que ofrecer ao club o antes posíbel, co obxectivo de que os deportistas que desenvolven a súa actividade no porto da Pobra poidan retomar canto antes á normalidade, dispoñendo dunhas novas instalacións”, sinalou.

Os representantes do Club acompañados de persoal de Portos de Galicia asistiron este mediodía a inspeccionar as naves dispoñíbeis e a previsión, segundo confirmou a Consellería, é “que nos vindeiros días se proceda á tramitación da autorización coa maior celeridade”.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladou aos directivos do club a disposición do departamento de Deportes en estudar a posibilidade dunha axuda extraordinaria, “dada a excepcionalidade da situación e o carácter singular de catástrofe con consecuencias irreversíbeis para o club e toda a canteira e o deporte base do pobo, co fin de que se poida adquirir o equipamento necesario para que a entidade deportiva poida saír ao mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.