A visita dos Reis Magos á Pobra concentrarase no Polideportivo de Venecia

03 Xaneiro 2025

A mala previsión meteorolóxica para o 5 de xaneiro obrigou a facer cambios na visita de Melchor, Gaspar e Baltasar á Pobra do Caramiñal.

Isto, segundo confirmou o Concello, supuxo “a cancelación do percorrido polos lugares e parroquias en vehículos descubertos, que estaba previsto en quenda de mañá, e afecta tamén a que a cabalgata da tarde se desenvolva a cuberto no Polideportivo Municipal de Venecia”.

Tras saudar as persoas maiores da residencia, os Reis Magos chegarán á instalación deportiva municipal ás 17.30 horas. Alí estarán acompañados de Trécola, Compañía Pablo Méndez e Barafunda Animación, que animarán o ambiente.

Ademais, farase a ofrenda no portal de Belén para, deseguido, dar paso aos discursos e a recepción das crianzas.

Repartiranse, así mesmo, caramelos sen glute entre as persoas asistentes.

Este acto poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal.

Ola@Dusegard.se

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.