A rúa Mendiño de Ribeira renóvase con plataforma única e espazos verdes

25 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira informou do remate, esta semana, das obras de mellora e acondicionamento da rúa Mendiño, unha actuación que supuxo un investimento de 109.122 euros, financiadas con fondos Next Generation. Na intervención renováronse de forma integral todos os servizos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga para consumo. Ademais plantáronse árbores que contribúen ao embelecemento da cidade no marco do plan de reverdecemento urbano.

Trátase, en palabras do Concello, “dun novo paso de cara ao novo modelo de cidade, máis humana, accesíbel e transversalmente máis verde”.

A actuación en Mediño, rematouse coa colocación da ornamentación vexetal e nos vindeiros día poñerase o mobiliario urbano.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, a actuación consistiu en facer plataforma única con preferencia ao tránsito peonil que se estenderá dende a actual rúa Mendiño cara a praza Uxío Novoneyra pero tamén cara á rúa Otero Pedrayo e conectará coa praza do Centenario. A isto sumarase tamén a plataforma única proxectada dende o Centenario cara á rúa Avesadas, xerando un espazo a xeito de “adro” para o edificio do auditorio. Por outra banda o rexedor tamén destacou que nas vindeiras semanas mellorarase o tránsito de vehículos coa apertura da rúa Barbanza que aliviará o fluxo do tráfico en Rodríguez Bautista e habilitaranse tamén novas prazas de estacionamento e árbores.

Para o rexedor “estas actuacións integrais facilitan o tránsito peonil para que a veciñanza e a rapazada poida ir máis segura e ademais ponse en valor algunhas rúas de Ribeira que estaban degradadas”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.