A mellor banda de tributo a Queen e o ilusionista Dani Polo actuarán en Ribeira

22 Xaneiro 2025

Prosegue a colaboración entre o Concello de Ribeira e as promotoras locais, que están a xuntar forzas para traer ao municipio as mellores bandas e artistas do panorama galego e estatal, por exemplo o humorista Luis Álvaro cuxa presenza en Ribeira foi confirmada este 21 de xaneiro. Este mércores 22 o Concello confirmou que Santa Uxía acollerá tamén un concerto da que está considerada a mellor banda de tributo a Queen e máis unha actuación do prestixioso mago galego Dani Polo. Estas dúas actuacións serán unha realidade grazas á colaboración do Concello coa firma Fercosti.

Á presentación asistiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o promotor local José Antonio Fernández xunto co gran ilusionista, Dani Polo.

A concelleira agradeceu novamente o traballo que están a facer as firmas culturais locais de contratar novas propostas para Ribeira “con estes espectáculos de gran nivel e calidade”. Pola súa banda, José Antonio Fernández, xerente do grupo Fercosti presentou Remember Queen que será o vindeiro sábado 15 de febreiro ás 21.00 horas no novo Auditorio.

Remember Queen é o espectáculo homenaxe ao mítico grupo británico Queen que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery.

Tras estar presente un mes na Gran Vía de Madrid obtiveron un éxito rotundo en máis de 100 cidades durante os últimos anos, xuntando en total un millón de persoas.

A continuación José Antonio cedeulle a palabra ao ilusionista Dani Polo que sorprende pola súa xuventude que contrasta cos máis de 10 anos de traxectoria polos escenarios nacionais e europeos. Dani Polo natural de Melide e Premio Nacional de Maxia, presentou o seu espectáculo Euforia que vén sendo un soño dun neno que de pequeno namorouse da maxia ao ver un mago na TV. É un espectáculo de maxia de gran formato onde persoas xorden da nada, levitan no escenario ou se cortan en múltiples anacos…

Día e hora

Remember Queen, sábado 15 de febreiro ás 21.00 h

Dani Polo Euforia, sábado 22 de febreiro ás 20:00 h

Entradas

Na web ataquilla.com a partir do xoves 23 ás 9:00 h

Prezos: de 12,00€ (Ilusionista) e 25,00€ (Remember Queen)

Venda presencial de entradas na OAC da Casa do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 h

Lugar

Novo Auditorio Municipal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...