O cómico Luis Álvaro recala en Ribeira o 7 de febreiro

21 Xaneiro 2025

O prestixioso cómico Luis Álvaro incluíu Ribeira na súa exitosa xira polo territorio estatal. A cita en Santa Uxía será o vindeiro 7 de febreiro, no Auditorio Municipal, grazas ao acordo de colaboración entre o Concello e a promotora local de eventos culturais Aquelarre. A presentación estivo arroupada pola concelleira de Cultura, Antía Alberte, e o promotor local Jandro Ayaso.

A edil manifestou que a programación do Auditorio de Ribeira está composta polas actividades que propón o propio departamento de Cultura e tamén de propostas de carácter privado ou de promotoras culturais, “empre que se dote dunha calidade e un encaixe na programación deseñada polo propio departamento de Cultura do Concello”. A edil aproveitou para dar os parabéns pola iniciativa á promotora Aquelarre.

Pola súa banda, o promotor deu as grazas á Concellería de Cultura pola dilixencia en tramitar todo o necesario para facer realidade o espectáculo: “Chegouse un pouco tarde, tivemos coñecemento de que Luis Álvaro estaba en Galicia e fixemos unha xestión moi rápida para poder traelo a Ribeira”, afirmou Ayaso, quen tamén fixo un percorrido pola traxectoria do cómico: “Consideramos que é unha aposta arriscada porque é un humor que non é para todo o mundo, é inédito pola nosa zona; é un cómico que consideramos que está indicado para xente entre os 20 e os 50 anos”. Jandro, que animou á veciñanza a presenciar o espectáculo o vindeiro 7 de febreiro, lembrou que Luis Álvaro presenta shows únicos no seu estilo, onde o humor absurdo entrelázase cunha aguda observación da vida cotiá, nos que o cómico desprega todo o seu repertorio de situacións inesperadas, xogos de palabras enxeñosas e reflexións que desafían a lóxica, convidando ao público a unha viaxe hilarante pola súa peculiar visión do mundo.

Día e hora

Venres 7 de febreiro ás 21.00 h (apertura de portas ás 20.30 h)

Entradas

No Concello fisicamente e na web Ataquilla.com cun prezo de 12,00€ máis gastos de xestión

Lugar

Novo Auditorio Municipal

Duración

Aproximadamente 60-70 minutos

Público Obxectivo

Adultos de todas as idades que gocen do humor intelixente, o sarcasmo e os xiros imprevisíbeis.

Recomendado para maiores de 16 anos.

Temáticas Principais:

– Absurdo e surrealismo na vida cotiá.

– Situacións inesperadas e o seu impacto.

– Relacións humanas e os seus paradoxos.

– Observacións hilarantes sobre a sociedade

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...