A Deputación da Coruña e Orgullo Galego fomentarán o uso do galego nas redes sociais

07 Xaneiro 2025

A área de lingua da Deputación que dirixe a outense Soledad Agra presentou o programa O galego e as redes sociais que desenvolve en colaboración con Orgullo Galego. A deputada Soledad Agra, e o responsábel do medio dixital, Borja Iglesias, deron a coñecer os detalles deste proxecto que nace para “fomentar o uso do galego nas redes sociais, e amosar os contidos que se están desenvolvendo entre a mocidade”.

En concreto, realizaranse 20 obradoiros en centros de ensino público de secundaria da Costa da Morte e Terras de Soneira, impartidos por Orgullo Galego, un colectivo en redes que naceu en 2016 e que na actualidade conta coa comunidade máis grande en lingua galega.

“O seu traballo a prol da difusión e da cultura e da lingua galega é extraordinario, polo que quixemos traballar con el para fomentar o seu uso entre a rapazada, a través dunha ferramenta tan valiosa como son as redes sociais”, destacou a deputada, engadindo que “podemos facer un gran traballo para potenciar o galego nas redes sociais, por iso queremos animar a crear contido na nosa lingua, e tamén amosar todo que se está facendo agora mesmo, que é moito e dunha gran calidade”. Pola súa banda, Iglesias debullou os detalles das charlas, “nas que amosamos a situación actual da lingua nas redes sociais, a súa evolución dende os anos 90, e vemos as canles que hai en galego que falan de temas moi diversos: deporte, ciencia, cultura, tecnoloxía…”. Ademais, dixo, “mostramos que a lingua galega non é un atranco para crear contido, xa que nos permite chegar a milleiros de persoas de todas as partes do mundo, como é o caso de Orgullo Galego”. Estes obradoiros, que xa se desenvolveron noutros centros de Galicia, “teñen unha resposta moi boa, tanto entre os e as galegofalantes como os que non o son, mesmo a raíz destas charlas xurdiron algúns podcast, emisións en Twitch e canles de YouTube en galego”, destacou Iglesias.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...