A Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros do POS Social para reforzar os servizos sociais municipais

19 Xaneiro 2025

A Deputación da Coruña destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos sociais dos concellos. Faino a través do POS Social, a achega adicional do Plan Único destinada a financiar os gastos soiciais extraordinarios dos concellos, que estes días se aprobaron nos plenos dos municipios da provincia, xa que o prazo de solicitudes remata hoxe.

Os fondos do POS Social serán destinados por cada concello a financiar as súas necesidades específicas no eido das políticas sociais: contratación de persoal técnico e administrativo adscrito aos servizos sociais municipais, axudas para persoas maiores e familias en risco de exclusión social, ampliación do servizo de axuda no fogar ou servizos como xantar na casa, reforzo dos programas municipais de respiro familiar, conciliación ou envellecemento activo, reforzo das axudas para persoas sen fogar ou axudas económicas para fogares en situación de pobreza enerxética son algúns dos conceptos que poden ser financiados con estes fondos para gasto social incluidos no Plan Único.

Programas que melloran a vida de miles de persoas

“O POS Social supón un importante apoio para impulsar programas e servizos sociais dos concellos que melloran a vida de miles de persoas de colectivos especialmente vulnerables, como persoas maiores, dependentes, persoas con diversidade funcional ou menores”, destacou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Entre os investimentos aprobados polos concellos este ano con cargo ao POS Social hai programas de envellecemento activo, servizos municipais de atención a urxencias sociais, programas de vivenda para familias vulnerables ou servizos de apoio escolar para alumnado con especiais dificultades ou en risco de exclusión social.

O POS Social tivo a súa orixe en 2020, cando o goberno de Valentín González Formoso decidiu modificar as bases do Plan Único para incluír unha partida específica destinada a apoiar económicamente aos concellos ante o incremento do gasto social derivado da pandemia. Catro anos despois supuxo un investimento de 61 millóns de euros nos concellos que serviron para reforzar a rede de protección social en toda a provincia e para pór en marcha novas iniciativas neste eido.

PLAN UNICO SOCIAL 2025

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.