A Deputación apoiará ao Club de Remo Pobra con 100.000 euros para novas embarcacións e equipamento tras o lume sufrido na súa sede

09 Xaneiro 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, visitaron na tarde deste 9 de xaneiro a sede do Club de Remo Pobra, tras o incendio que o pasado 5 de xaneiro afectou gravemente ás súas instalacións.

Na compaña do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e de membros da directiva do club pobrense, Formoso e Leira constataron os graves efectos do sinistro, que calcinou completamente a nave e as numerosas embarcacións, material e equipamento que se almacenaba nela.

Formoso, como presidente tamén do Consorcio Provincial Contraincendios, agradeceu o traballo dos bombeiros na extinción do incendio e trasladou “a solidariedade” da provincia e da Deputación da Coruña co Club de Remo pobrense, “co que mantemos unha estreita relación dende hai décadas”. Explicou que o obxectivo da institución provincial é “intentar recuperar o ánimo de todos os rapaces e rapazas que están vinculados ao club, para que saiban que non están sós, que a Deputación da Coruña, xunto con outras administracións, imos a facer un esforzo para recuperar isto e imos inxectar xa unha cantidade económica importante para que poidan comprar equipamentos e que recuperen de forma inmediata a actividade deportiva”.

Formoso aclarou que a achega económica da Deputación, de entorno a 100.000 euros, destinarase a renovar as embarcacións e equipamentos destruídos polo lume e que a partida económica de 300.000 euros que a Deputación tiña prevista para a ampliación da nave “terá que ser reformulada”, en función da localización futura do club, xa que a nave actual quedou seriamente danada polo incendio.

“O esforzo aquí ten que ser das tres administracións que temos competencias en deporte: o Concello, a Xunta e a Deputación; e as tres estamos comprometidas nese camiño. É unha oportunidade para renovar as instalacións e para demostrar para que serven as administracións, para estar aí cando realmente se necesita”, salientou.

Pola súa parte, o presidente do Club de Remo Pobra, Emilio Dieste, agradeceu o apoio da Deputación e comentou que “todas as peticións que estamos facendo se están atendendo, todas as portas as que estamos chamando están respondendo de xeito eficaz e eficiente”. Dieste amosou a intención da entidade de seguir competindo: “A competición comeza nunha semana, o 18 de xaneiro temos a primeira regata e imos sacala adiante coa axuda do Concello e os demais clubs”

Pola súa banda, alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, afirmou que “o Concello vai a responder, vamos a intentar facer todo o oosíbel para que o club continúe co seu traballo diario, que é o importante”.

Vidal agradeceu tamén o apoio recibido pola Deputación e a visita que o deputado de Deportes, Antonio Leira, realizou á sede do club ao día seguinte do incendio para interesarse persoalmente polas consecuencias do sinistro e comezar a buscar fórmulas de apoio desde a institución provincial.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...