A Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza irmándase co Ateneo Republicano de Puerto Real

08 Xaneiro 2025

Na mañá deste mércores 8 de xaneiro de 2025, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMHB) e o Ateneo Republicano de Puerto Real asinaron un documento de irmandade entre as dúas asociacións republicanas.

O acto, ao que asistiron membros das dúas asociacións, tivo lugar no local da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza en Rianxo. O documento foi asinado por Lola Sanisidro, como presidenta do Ateneo Republicano de Puerto Real e Carlos Cimadevila, en calidade de presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. A sinatura é o resultado da sintonía entre as dúas asociacións e da converxencia dos seus obxectivos.

O Ateneo Cultural Republicano de Puerto Real, entidade domiciliada en Puerto Real (Cádiz), ten entre os seus fins o estudo e divulgación do Republicanismo Histórico Español, e os seus valores cívicos, a creación dun fondo documental sobre o Republicanismo en España; e o estudo, promoción e defensa da República como sistema político.

Pola súa banda, A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, diríxese a recuperar a memoria histórica de Galiza (“porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado”, sinálase nos seus estatutos) e a recuperar e divulgar a memoria histórica de todos aqueles cidadáns galegos, homes e mulleres de diversas ideoloxías, que, tras o levantamento militar antidemocrático e inconstitucional de 1936, foron asasinados, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista, foron perseguidos e encarcerados até o exterminio ou tiveron que padecer a emigración e o exilio. Tamén ten entre os seus obxectivos coordinar, dar pulo e axudar no traballo de cantas persoas e entidades, tanto públicas como privadas, realicen actividades encamiñadas á recuperación da memoria histórica da loita galega antifascista, en xeral, e antifascista, en particular.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.