
A concellaría de Deportes do Concello de Outes celebrará o vindeiro 20 de decembro “un acto de exaltación e recoñecemento dos nosos deportistas, institucións, clubs e empresas patrocinadoras do deporte no concello”. Trátase da nova edición (a segunda) da Gala do Deporte de Outes, que, segundo informou o dito departamento municipal, xa ten finalistas confirmados, nomeados pola comisión técnica reunida os días pasados.
Na categoría de Mellor Deportista, os finalistas son Adrián Martínez Villaverde, Daniel Abeijón Priegue, Martín Caamaño Outón, Carmen Campos Campos, Cristina García Beiro e Sara Caamaño Caamaño.
Na modalidade de Mellor Deportista Promesa (menor de 16 anos), os finalistas son Pablo Gandarela Molinos, Diego Castelo González, Brais Liñayo Froján, Carla Antelo Rama, Lucía Romero Domínguez, Laura Lires Del Río e Rosa Outeiro Oreiro.
Na categoría de Mellor Adestrador/a, chegan á final Pepe Saborido, Jorge Outes Noia e Pablo Carou Varela.
Na modalidade de Mellor Evento Outense, clasificáronse para a final Cross de Broña, Campus Fútbol Juán Gómez Barreiro e Final Escolar Duatlón Provincial Xogade.
En Mellor Entidade Deportiva, os finalistas son o Club Atletismo Outes, o Outes F.C. e a Escola Piragüismo Outes.
Por último, entregaranse os recoñecementos de Mellor Patrocinador e Mención Especial que se manterán en segredo até o propio día da gala.
O acto celebrarase na Casa da Cultura da Serra, o venres 20 a partir das 20:00 horas. Previamente haberá unha recepción de autoridades e prensa con ágape incluído ás 19:15 horas. Confirmacións de asistencia en deportes@outes.gal.
Os premios da gala inclúen as seguintes categorías: Mellor Deportista Outense 2024 (masculino e feminino), Mellor Deportista Promesa Outense (masculino e feminino), Mellor Adestrador/a, Mellor Equipo, Mellor Club, Mellor Patrocinio e Mellor Evento do Ano. Ademais, resérvase para a comisión técnica deportiva o premio Mencións Especiais ano 2024.



