Un ano despois da vertedura de pélets en Galicia, os ecoloxistas reivindican a urxencia de afrontar o problema dos microplásticos

13 Decembro 2024
Limpeza de bólas plásticas realizada hai un ano nas praias de Muros

Hai un ano, as costas galegas sufriron un desastre ambiental de gran magnitude. O cargueiro Toconao derramou 26 toneladas de pélets plásticos, pequenos gránulos que formaron unha marea branca no litoral galego e cántabro. “Este incidente”, explican dende Ecoloxistas en Acción, “non só danou gravemente o ecosistema mariño, senón que tamén puxo en risco ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao afectar a biodiversidade e os recursos marítimos”, ademais de “evidenciar a necesidade urxente de reforzar as medidas de prevención para evitar futuros desastres deste tipo”.

A organización denunciou nun comunicado que este tipo de contaminación persiste en zonas como Tarragona de forma crónica.

Ecoloxistas en Acción, Low Impact Fishers of Europe – LIFE, Mulleres Salgadas, Surfrider España, Good Karma Projects, Noia Limpa e The Pew Charitable Trusts instan nun comunicado para adoptar normativas máis ambiciosas para previr futuros accidentes.

Estas organizacións explican que “aínda que as organizacións pesqueiras, marisqueiras e ecoloxistas celebran os recentes avances no regulamento europeo para previr a perda de bólas plásticas, a normativa actual presenta importantes eivas, e o transporte marítimo, protagonista en incidentes como o do Toconao, podería quedar fóra do seu alcance”. Isto, din, “sería un erro crucial, xa que reforzar a seguridade no transporte, con embalaxes máis resistentes e medidas de estibado adecuadas, é esencial para evitar futuras verteduras ao mar”.

Ademais, explican, a contaminación crónica en zonas industriais que constitúen gran parte das perdas destas partículas plásticas anuais, como a que acontece en Tarragona, “evidencia a falta de controis efectivos,” e como consecuencia, miles de bólas plásticas terminan anualmente no Mediterráneo, afectando gravemente á fauna mariña e ás comunidades costeiras. “Para abordar este problema, é crucial que todas as empresas e instalacións que manipulan estes materiais implementen plans obrigatorios de prevención, contención e limpeza ante posibles fugas”, engade o comunicado.

Nas súas demandas, tamén se inclúe a creación dun sistema de certificación independente que supervise o cumprimento destas medidas. “Sen auditorías rigorosas e un protocolo claro de notificación e restauración en caso de incidentes, a responsabilidade polos danos queda nun limbo que prexudica tanto aos ecosistemas como ás comunidades humanas que dependen dun mar saudable”, explícase.

As organizacións insisten en que a situación actual esixe actuacións máis decididas: “Tanto en Galicia como no Mediterráneo, as verteduras de pélets plásticos ameazan a biodiversidade, as cadeas alimenticias e os modos de vida tradicionais dos pescadores e comunidades costeiras. Non podemos permitir que estes materiais sigan escapando ao mar”.

Limpeza de granulados levada a cabo en Ribeira por voluntarios, traballadores e membros do Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.