O Polideportivo de Venecia acolle o 21 de decembro o festival de Nadal de patinaxe artística na Pobra

16 Decembro 2024

Un Nadal máis toca desfrutar das pericias sobre rodas no festival de patinaxe artística dos clubs da Pobra do Caramiñal e de Ribeira.

Este evento festivo-deportivo terá lugar no 21 de decembro, a partir das 19.00 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia e conta coa colaboración de varias institucións, entre elas, a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.

A este respecto, o edil Eloy Sobrido manifestou que “con motivo do Nadal, teremos ocasión de ser testemuñas do talento sobre rodas dos clubs de patinaxe artística. Trátase dunha cita máis para seguir desfrutando do deporte por estas datas”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.