Rois celebrará a chegada dos Reis Magos con actividades para todas as idades

25 Decembro 2024
Ola@Dusegard.se

O vindeiro domingo, 5 de xaneiro, Rois converterase nun escenario de ilusión e festa coa visita dos Reis Magos, que percorrerán todas as parroquias do municipio para saudar aos máis pequenos e encher de espírito nadalicio o concello. A xornada contará cunha ampla programación de actividades organizadas polas asociacións veciñais e comisións de festas, que teñen preparado merendas e obradoiros para facer máis entretida a espera e fomentar a convivencia durante o Nadal.

Os tres Reis Magos iniciarán o seu percorrido en Rois ás 10.45 horas e rematarán a xornada en Oín coa tradicional ofrenda ao Neno Xesús. Ao longo do día, a comitiva visitará Buxán (11.30), Leroño (12.00), Augasantas (12.20), Ermedelo (15.00), Urdilde (15.45), Costa (16.30), Herbogo (17.15), Seira (17.45), Sorribas (18.15) e Ribasar (18.45).

En cada parada, os Reis serán recibidos con actividades pensadas para todos os públicos, que inclúen merendas e obradoiros creativos para animar a celebración. Esta proposta busca implicar a toda a comunidade e converter o día nunha experiencia inesquecible para as familias de Rois.

A festa promete ser unha xornada máxica e chea de ledicia, onde os máis pequenos poderán ver de preto aos Reis Magos e vivir un día único no marco das celebracións do Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.