Ribeira comeza os traballos para acondicionar unha senda peonil en Teira

19 Decembro 2024

O Concello de Ribeira deu inicio aos labores de acondicionamento dunha nova senda peonil que conectará as localidades de Teira e Corrubedo, co propósito de mellorar a seguridade e a accesibilidade para os peóns no ámbito rural. Esta iniciativa busca substituír a antiga pasarela de madeira, que se atopaba en mal estado, por un camiño máis duradeiro e de baixo mantemento.

Os traballos iniciáronse a semana pasada coa retirada completa da estrutura de madeira e inclúen diversas actuacións como a limpeza, escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal e nivelación do terreo. Estas accións están a levarse a cabo na estrada AC-303, no acceso a Teira en dirección a Corrubedo.

Xabier Vidal, concelleiro de Obras, destacou a importancia desta actuación: “O acondicionamento desta senda é unha demanda da veciñanza da parroquia que asumimos como parte do noso compromiso por mellorar a seguridade e a calidade de vida no rural. Queremos crear un camiño que non só facilite o tránsito, senón que sexa sostible e se manteña en bo estado ao longo do tempo”.

O goberno local reafirma así a súa aposta por desenvolver infraestruturas adaptadas ás necesidades da veciñanza, contribuíndo á mellora da mobilidade e á seguridade peonil no municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.