Rianxo lanza campaña para sensibilizar aos propietarios de cans das súas obrigas

10 Decembro 2024

A Policía Local de Rianxo activou un campaña de información e vixilancia dirixida a concienciar e sensibilizar aos veciños con cans das súas obrigas á hora de recoller os seus excrementos e, tamén, garantir a seguridade dos animais e das persoas. Preséntase baixo o lema Non a cagues! O teu can a túa responsabilidade. Na presentación da campaña a Policía Local e o Concello recordaron que é obrigatorio recoller as deposicións dos animais, así como levalos identificados con microchip e suxeitos con correa. O incumprimento destas obrigas constitúen infraccións sancionadas con multas de entre 501 e 5.000 euros.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.