A Área de Cultura compartiu o programa integral do programa de actividades culturais para este Nadal, cubrindo todos os días até entrado o mes de xaneiro. Na axenda colaboran novamente as asociacións culturais con sede e actividade no concello.
FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO (VARIAS SESIÓNS)
Venres 20 – 20:00 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Alumnado das aulas de Piano, Canto, Saxofón e Coro Infantil
Sábado 21 – 11:30 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Alumnado das aulas de Trompeta, Oboe, Calrinete, Saxofón e Iniciación Musical
Domingo 22 – 11:30 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Alumnado das aulas de Frauta, Fagot, Canto, Guitarra, Percusión, Violín e Ensemble de Cordas
Domingo 22 – 18:00 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Alumnado das aulas de Trombón, Bombardino e Tuba, Violonchelo, Saxofón, Contrabaixo e Baixo Eléctrico, Combo Infantil e Banda Infantil
-Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes.

XIX FESTIVAL DE CORAIS DE AROUSA E ULLA
Sábado 21 – 19:30 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Coa participación das agrupacións CORAL ABRENTE da Pobra do Caramiñal, CORAL CANTIGAS DO CASTRO de Baión, e CORAL ABRAIRA de Asados. Organiza Coral Abraira – Centro Cultural Simón Varela de Asados.
Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora
antes.
CONCERTO DE FIN DE ANO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
Venres 27 – 20:30 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes.

FESTIVAL DE NADAL DA ASOC. CULTURAL FOGO FATUO
Sábado 28 – 20:00 h – Sala Arcos Moldes – Centro Sociocultural-Auditorio
Coas actuacións das diversas Aulas e Agrupacións da entidade.
Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes .

VOLTA A RIANXO DAS SS MM OS REIS MAGOS – CABALGATA DE REIS
Domingo día 5 – ao longo de toda a xornada
Pola mañá entre as 12:30 e as 14 horas as SS MM visitarán as parroquias de Isorna e Leiro, rematando esta primeira parte do percorrido no Pazo de Rianxiño, para xantar e repoñer folgos.
A partir das 16:30, continuarán o percorrido polas parroquias de Taragoña, O Araño, Asados. Finalmente agardase a súa chegada en barco ao peirao de Rianxo entre as 18:30 / 19:00 h para iniciar un desfile polo paseo da Ribeira e rematar coa visita ao Belén Vivinte na praza Castelao e posterior recepción na Casa do Concello, onde atenderán as peticións das crianzas, recollerán as súas cartas e haberá reparto de caramelos.

Exposición CASTELAO. O RETORNO A GALICIA, 1984. A PRESENZA DE RIANXO. XAN CARBALLA (Fotografías) – AUDITORIO DE RIANXO
A exposición fotográfica poderase visitar ata o 11 de xaneiro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, ademais algunhas tardes, sábados e/ou festivos coincidindo cos horarios da programación cultural do Auditorio.

OUTRAS ACTIVIDADES
PAPANOELADA MOTEIRA
Sábado 21 – A partir das 13:30 na Praza Castelao.
Percorrido pola parroquias do Concello entre as 16:15 e as 17:15 horas e posterior visita de Papa Noel para que poidas entregas a túa carta e reparto de caramelos
CARPA DE NADAL – Campo de Arriba – Rianxo
Do 23 ao 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro . Horarios: 11:30 a 13:30 e 17:00 a 19:00 (días 24 e 31 só de mañá).
Obradoiros, inchábeis, zona multimedia, xogos tradicionais, recuncho de lectura, visita de personaxes infantís, etc. Venres 03 19.00 h – ruada a cargo de Fogo Fátuo
PISTA DE MINIGOLF – Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema”
Do 26 ao 30 de decembro. Horarios: 11:30 a 13:30 e 17:00 a 19:00
MERCA – CONCILIA – Escola Infantil Agarimo
Do 23 ao 31 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro . Horarios: 10:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30 (días 24 e 31 ata 18:30). 2 horas de estancia na Ludoteca – Escola Infantil, mentres fas as túas compras.
CHICULATADA DE NADAL
Sábado 28 – A partir das 16:00 h – Carballeira do Cura – Asados
Con diversas actuacións, entre outras a de picadiscos Maria Faltri . Organiza Comisión de Festas de San Pedro de Vilas
FESTIVIDADE DE SANTA COLUMBA DE RIANXO – PATROA DE RIANXO
31 decembro – 12.00 h. Pasarrúas a cargo de Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña
FESTA DE FIN DE ANO – Campo de Arriba
31 decembro – 19.00 h. Organizada pola Asoc. Festival Rock in Rian
BAILE DE REIS – Campo de Arriba
05 xaneiro – 21.00 h. – Música – DJs – Chocolate con churros. Organiza Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo “A Moreniña”
NADAL RIANXO – Varias datas e localizacións
Inchábeis, Xogos e outras actividades organizadas pola Asociación Rianxeira de Empresarios no marco da Campaña de Nadal:
21/12 en Campo de Pasos – Taragoña – 17 a 21 h
22, 23, 3 e 4 de Xaneiro – Rianxo – 17 a 21 h
2 de xaneiro – Atalaia – Asados – 17 a 21 h– 17 a 21 h




