Remata o Programa Integrado de Emprego 2023/2024 de Boiro, Rianxo e A Pobra cunha porcentaxe de emprego do 68% das participantes

12 Decembro 2024

O Programa Integrado de Emprego 2023/2024 que levaron a cabo de forma conxunta os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra rematou coincidindo coa recta final de ano e, segundo indicaron as entidades organizadoras da iniciativa no seu balance, fíxoo cunha porcentaxe de empregabilidade do 68%.

O Programa Integrado de Emprego 2023-2024 está subvencionado pola Consellería e Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

O desenvolvemento deste programa permitiu mellorar o nivel de empregabilidade de 100 mulleres da comarca do Barbanza a través do traballo realizado en actividades formativas, orientacións laborais individualizadas, prácticas en empresas e prospección laboral. No balance fíxose saber que un total de 68 das mulleres participantes acadaron un contrato de traballo gracias á súa participación deste programa.

A capacitación foi concibida para os principais sectores produtivos da zona e incluíu módulos formativos de envasado, acondicionamento e embalaxe de produtos alimentarios; Elaboración de pezas cárnicas; Sistemas e procesos loxísticos; Mercadotecnia (marketing) en liña; Cociña; Atención ao cliente; Restauración; ou Preparación de produtos do mar.

O Concello de Boiro, coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra, comezou xa unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2024/2025. Nesta ocasión o Programa é mixto e está destinado a 100 mulleres e homes desempregados da comarca.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.