Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos asistentes uns combates de gran nivel e espectacularidade. O evento, de carácter gratuíto, realizarase en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e será unha ocasión magnífica para ver aos mellores deportistas do territorio autonómico.




