Padrón despide o ano cunha San Silvestre solidaria para recoller alimentos para as familias máis necesitadas

30 Decembro 2024

O Concello de Padrón lembra que este martes 31 de decembro celebrarase a San Silvestre Padronesa 2024, un evento deportivo e solidario orientado a recoller alimentos para as familias máis necesitadas da contorna.

Esta proba, de carácter non competitivo, iniciarase ás 17:00 horas, co punto de partida e chegada no paseo do Espolón. As persoas interesadas poderán inscribirse o propio día da carreira, entre as 15:45 horas e 10 minutos antes do seu comezo. Para formalizar a inscrición, deberán achegar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán entregados a Cáritas Padrón.

O percorrido, de 5,7 quilómetros, inclúe un tramo neutralizado inicial de 1 quilómetro e outro tramo aberto de 4,7 quilómetros, pasando por rúas emblemáticas da vila, como a rúa Nova, a rúa Longa e a praza da Leña.

O Concello de Padrón engade que a proba é “accesíbel para todos os públicos, xa que pode completarse correndo, camiñando ou en bicicleta”.

Os menores de idade deberán ir acompañados “dun adulto responsábel”.

O Concello de Padrón disporá de servizos como duchas, avituallamento na liña de meta e servizo de gardarroupa. Ademais, entregarase un obsequio conmemorativo a todas as persoas participantes, ata esgotar existencias.

A San Silvestre Padronesa é unha actividade que combina deporte e solidariedade, ofrecendo á cidadanía unha maneira diferente e altruísta de despedir o ano. O Concello de Padrón anima a toda a veciñanza a participar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.