Os socialistas de Rianxo reclaman “unha xestión transparente e eficaz das contas públicas”

08 Decembro 2024

Os socialistas de Rianxo emitiron un comunicado coincidindo coa recta final de ano e no que, a xeito de balance, reafirman o seu compromiso cunha xestión transparente e eficaz das contas públicas e trasladan á veciñanza a súa satisfacción por “ter desempeñado o grupo un papel clave no último ano, permitindo que o Concello avanzase cara ao saneamento das súas contas”. Engaden que “non houbo proposta máxica, senón o a mobilización dunha cantidade próxima aos 2,2 millóns de euros a gasto corrente, atendendo as necesidades da veciñanza, e con cargo ao POS adicional 2023 e ao remanente de tesourería 2022 e 2023”. Explican que “este esforzo colectivo no que os socialistas xogamos un papel importante” e “onde o 59,2% das facturas aboadas correspondan ao período comprendido entre setembro e decembro de 2023, xa baixo o actual Goberno municipal de Julián Bustelo”, fixo posíbel procesos clave como o pago de servizos imprescindíbeis e reforzou a estabilidade económica do Concello “nun momento clave para o seu desenvolvemento”.

Os socialistas apuntaron no comunicado que a súa proposta de oposición foi “responsábel e comprometida” e que ao longo dos doce meses que deixamos atrás “o obxectivo foi garantir a viabilidade das contas municipais, sempre poñendo por diante os intereses da veciñanza de Rianxo, e onde as nosas iniciativas e posicións construtivas contribuíron a estabilizar as finanzas municipais, facilitando solucións para atender gastos prioritarios, impulsar unha xestión transparente e eficaz, asegurando que os recursos públicos sexan empregados de forma eficiente, e dar apoio ás necesidades urxentes do día a día, desde os servizos básicos ata o mantemento de proxectos clave”.

Cara ao futuro: planificación e rendición de contas

No balance fan saber que “entendemos que, para seguir avanzando, é fundamental que as contas xerais reflictan de forma clara e actualizada a realidade económica do Concello, e desde o PSOE de Rianxo, reafirmamos o noso compromiso coa transparencia e a responsabilidade institucional, apostando por unha xestión que priorice a planificación e o cumprimento dos prazos legais; por iso, consideramos que a presentación da conta xeral de 2023 non só é un requisito normativo, senón tamén unha oportunidade para avaliar os logros acadados e planificar con rigor os orzamentos futuros”. Para o grupo, este documento permitirá reforzar a confianza da cidadanía e garantir unha xestión acorde coas necesidades do municipio. “A importancia deste documento está recoñecida pola lexislación, que fixa como data límite o 15 de outubro para a súa presentación”, apuntan seguindo este fío, salientando a súa intención de trasladar á veciñanza a súa preocupación “ante un feito sen precedentes na historia recente do noso concello: a non presentación da conta xeral en prazo (15 de outubro), e coa perspectiva de que non se aprobará de forma definitiva antes de acabar este ano 2024”.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.