Os Reis Magos prepáranse para visitar A Pobra novamente por partida dobre

30 Decembro 2024

Melchor, Gaspar e Baltasar terán proximamente unha intensa noite de traballo deixando os agasallos nos fogares pero, previamente, deixaranse ver na Pobra do Caramiñal ao longo de todo o día 5 de xaneiro. E farano novamente por partida dobre como avanzaron este luns 30 de decembro a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, e a técnica municipal, Sara Sánchez.

Na súa intervención, a edil quixo agradecer a implicación de tódalas persoas voluntarias, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas e a Protección Civil por contribuír ao correcto desenvolvemento desta estadía tan especial.

Pola mañá, os Reis Magos farán o percorrido polos lugares e parroquias en vehículos descubertos. Sairán ás 10.30 horas, dende A Tomada. Este desfile poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal e, posteriormente, colgarase na canle de Youtube para o recordo.

Logo, as súas maxestades os Reis do Oriente collerán folgos para a tarde. Visitarán o centro de día e a Residencia de Maiores para, ás 17.30 horas, partir dende o Polideportivo Municipal de Venecia na tradicional Cabalgata polo núcleo urbano. A comitiva está composta por Trécola, Compañía Pablo Méndez e Barafunda Animación. Estas dúas últimas agrupacións será a primeira vez que participen.

O itinerario seguirá a carón do paseo dos Areos para facer unha breve parada no portal de Belén, disposto na praza Alcalde Segundo Durán, con motivo da ofrenda. Seguirase ata a rotonda da Covecha con dirección as rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata a casa do concello, onde terá lugar o discurso e a recepción. En caso de chuvia, toda a acción da tarde concentrarase no dito pavillón.

Ao longo de toda a xornada repartiranse máis dr 1.000 quilogramos de caramelos sen glute.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.