Os proxectos Upcycling the oceans e Mares circulares retiraron máis 10.000 quilos de lixo mariño no litoral, coa implicación das frotas de Muros e Ribeira

30 Decembro 2024

A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, constatou a recollida de máis de 10.000 quilos de lixo dos fondos mariños do litoral galego no pasado ano 2023, no marco dos proxectos Upcycling the Oceans e Mares Circulares. Ambas iniciativas, centradas na recollida non intencionada de lixo durante as tarefas extractivas dos profesionais do mar, fundamentalmente da pesca, permitiron extraer 10.700 quilos de residuos, cun volume total de 108 metros cúbicos por parte da flota que opera nunha decena de portos de titularidade autonómica.

O proxecto Upcycling the Oceans comezou a desenvolverse no ano 2015, e involucra a profesionais do sector pesqueiro tanto en España coma noutros países en Europa, Asia e África. No correspondente a Galicia, participaron neste proxecto as frotas de Sanxenxo, Combarro, Corme, Celeiro e Burela, coordinadas polas confrarías de pescadores correspondentes.

Pola súa parte, o proxecto Mares Circulares iniciouse no ano 2018 nos países da Península Ibérica cos obxectivos de limpar as súas costas, fondos mariños e espazos protexidos; fomentar a reciclaxe e impulsar a economía circular. No relativo á nosa comunidade, no 2023 participaron neste proxecto un total de dezaseis embarcacións: 7 do porto de Ribeira, 6 do de Camariñas, 2 do de Bueu e o restante da frota de Muros.

Ambas iniciativas, Upcycling the Oceans e Mares circulares foron impulsadas por fundacións privadas e a administración portuaria colabora facilitando a súa execución.

Os datos completos de lixo mariño recollido durante o 2023 serán presentados por Portos de Galicia á Dirección Xeral da Costa e o Mar do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico cun ano de compensación, tal como establece a normativa, á fin de inventariar a composición, abundancia, tendencias, orixes e distribución espacial deste lixo, en cumprimento das directrices da Unión Europea.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.