Os concellos de Barbanza Arousa xuntan forzas contra o proxecto de Altri e confirman a súa participación na mobilización deste domingo

13 Decembro 2024

Os concellos de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) volven xuntar forzas en contra do macroproxecto para construír unha nova celulosa en Palas de Rei, á beira do río Ulla, que, segundo múltiples expertos no materia, carrexaría importantes problemas ambientais tanto no propio concello no que se empraza como tamén augas abaixo, até a desembocadura do río en plena ría de Arousa. Por esta razón, os gobernos dos 4 concellos confirmaron a súa participación na manifestación prevista para este domingo 15 en Santiago, a partir das 12.00 horas, en contra de Altri e o seu proxecto de macrocelulosa.

En palabras dos nosos concellos, “o proxecto de Altri supón un impacto directo na Rede Natura 2000, ameaza flora e fauna endémicas, pon en risco o consumo de auga á poboación e industria da Barbanza e as verteduras de augas residuais ao río Ulla poderían poñer en risco o sector do mar da ría de Arousa”.

Informan que as persoas que desexen asistir á manifestación convocada para o vindeiro domingo 15 de decembro como mostra de rexeitamento ao proxecto, poden facelo anotándose no teléfono: 654 697 768.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.