O voluntariado da Pobra recibe o aguinaldo do Nadal

11 Decembro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal quixo recoñecer o labor e importancia do equipo do voluntariado facendo entrega do tradicional aguinaldo ás voluntarias e voluntarios locais no salón de plenos do Consistorio, na tarde do 11 de decembro.

Preto dunha trintena de persoas do ámbito do benestar animal (a través da Protectora Moura), medioambiental, social e da seguridade (representada no corpo da Protección Civil) recibiron cadanseu lote de produtos típicos destas datas.

No acto participaron o alcalde e titular da Concellaría da Seguridade, José Carlos Vidal; a edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo; a súa homóloga das Relacións Institucionais, Patricia Lojo; e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos.

Durante a súa intervención, o rexedor tivo palabras de eloxio para o traballo altruísta de tódalas persoas que exerceron como voluntarias ao longo deste 2024, moitas delas repetindo ano tras ano, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade de vida da cidadanía pobrense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.