O PSdeG denuncia a “marxinación total” da lla de Arousa nos orzamentos da Xunta

02 Decembro 2024

A deputada socialista no Parlamento galego Paloma Castro denunciou hoxe a “marxinación total” á que a Xunta do PP somete ao concello da Illa de
Arousa nos Orzamentos autonómicos para o vindeiro ano. Nunha comparecencia xunto ao alcalde, Luis Arosa, esixiulle a Rueda que goberne “con sentido democrático” e proporcione aos habitantes do municipio arousán servizos “nas mesmas condicións” que aos residentes noutros concellos.
Castro explicou o contido das emendas do PSdeG aos Presupostos autonómicos para o 2025 que afectan á localidade, e a través da que o Grupo Socialista insta aos populares a poñer fin a unha década na que A Illa se viu obrigada a xestionar infraestruturas e servizos públicos “á Marxe da
Xunta”.
O rexedor arousán criticou que, en todo o tempo que leva demandando actuacións “para o benestar de todos os veciños e veciñas”, non obtivo resposta por parte do Goberno galego, que durante a pasada década realizou investimentos “mínimos” no municipio. Por ese motivo, vén de
presentar, a través do Grupo do PSdeG na Cámara galega, unha serie de modificacións nas contas autonómicas, co fin de que se inclúan recursos para desenvolver iniciativas moi necesarias para A Illa.


EDAR e estradas
Entre elas figura a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no lugar de Niño do Corvo. Na actualidade, o Goberno do Estado ten comprometido, a través da empresa pública Acuaes, o financiamento do 80 % do custe das obras, mentres que o Concello debería asumir o 20 % restante. O rexedor esíxelle á Xunta que se faga cargo desa porcentaxe, que significa unha gran carga para un municipio de menos de 5.000 habitantes.
En segundo lugar está a mellora da banda de rodadura das estradas PO-307 e PO-299, así como a dotación dun alumeado axeitado e o remate do carril bici. O alcalde lamentou que a día de hoxe o estado do que é un dos principais eixos de acceso á Illa atópase nun estado deplorable. “Non se
lle deu ningún tipo de mantemento; unicamente pintar sobre as fochancas”, lamentou.

Vivenda pública e centro de día
Luis Arosa lembrou durante a súa intervención que as competencias en materia de vivenda son da comunidade autónoma, polo que instou á Xunta a promover construcións residenciais de carácter público. A Illa é un concello turístico que, ademais, ten unha limitación importante no plano territorial, ao tratarse dun territorio insular. Eses dous factores impulsan a alza do prezo da vivenda, que, tal como reclama o rexedor, se debe paliar por parte da Administración galega a través da construción de novas promocións.
Trátase dun problema que está a afectar especialmente á poboación máis nova, pero o déficit de servizos tamén se traslada, en outros eidos, ás persoas maiores e dependentes. Dende o Concello, o seu máximo responsable subliña a necesidade dun centro de día. “Levamos anos
reclamándoo e mañá mesmo, se a Xunta quixese, tería os terreos á súa disposición.
Colexio Torre Illa e paseo do Cantiño
Tamén lle esixiu á Adminsitración autonómica a rehabilitación das seis casas dos mestres do colexio de educación infantil e primaria Torre Illa, co fin de que poidan ser utilizadas como espazos complementarios ás aulas. Tamén se recolle o acondicionamento dos tres pavillóns que forman
parte do CEIP, e que necesitan unha solución ás humidades, a mellora do illamento, a substitución da cuberta de fibrocemento, o cambio dos aseos e o depósito e obras de mellora da accesibilidade.
Finalmente, Arosa reclamou a reforma integral do paseo do Cantiño, incluída a construción dun aparcadoiro subterráneo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.