O proxecto de renaturalización do río Tins, premiado pola Universidade da ONU

02 Decembro 2024

A xurado do Instituto para o Estudo Avanzado da Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas fallou a 12ª edición dos Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentábel, outorgando un galardón ao proxecto ReNatur_Outes de renaturalización do treito urbano do río Tins na Serra de Outes. Este premio é un recoñecemento ás boas prácticas educativas e nivel mundial e, en palabras das entidades impulsoras da iniciativa, “todo un impulso para o labor despregado no proxecto”.

A Universidade da ONU, institución con sede en Toquio, destacou “a implicación da comunidade escolar a través do Proxecto Didáctico Integral do CEIP Plurilingüe de Outes, que converteu a escola nun motor para transformar a relación da comunidade co río traballando durante todo un ano cuestións como os residuos, especies invasoras, infraestruturas urbanas, biodiversidade autóctona, sinalización didáctica, tradicións orais e patrimonio, espazos de observación así como a transformación completa do patio escolar para integralo coa zona de ribeira contigua”.

Outro elemento chave foi “a participación social no proceso”, levando á Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da comunidade de ribeira, primeira instancia na que se recoñecen os dereitos dun río en todo o Estado. Esa declaración levou á creación do Consello Fluvial do Río Tins, un órgano de participación que no sábado pasado recolleu os puntos de vista e propostas na sesión sectorial das persoas maiores que tivo lugar durante o XXVI Encontro dos Maiores de Outes, con máis de 500 participantes.

Polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.