O Nadal da Pobra disporá de obradoiro de conciliación

03 Decembro 2024

Ao abeiro do compromiso da Concellería de Igualdade da Pobra para favorecer a compatibilidade entre a vida persoal e laboral das familias en tempo de vacacións, o dito departamento activou un obradoiro de conciliación para o Nadal como oferta decote en días non lectivos e períodos vacacionais das crianzas da infantil e da primaria, segundo explicou a concelleira Estefanía Ramos. A edil tamén relatou que se desenvolverán actividades centradas na temática propia destas datas, ademais da visita de Papá Noel, no 23 de decembro, e do paxe real, no 2 de xaneiro.

A axente da igualdade, Carolina Rodríguez, encargouse de explicar o funcionamento desta prestación que transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbalas datas incluídas, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Tamén se ofrecen os servizos de Madruga e de Comedor, dos cales cómpre consultar as condicións.

O importe establécese nos 45 euros por nena/neno, cunha bonificación do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

A data límite de inscrición é o día 18 de decembro. O trámite formalizarase no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello. Máis información no teléfono de contacto 981832764, extensión 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Este servizo conta con financiamento do Plan corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.