O Goberno aproba aumentar as bonificacións na autoestrada AP-9 desde xaneiro de 2025

23 Decembro 2024


O Consello de Ministros aprobou, a proposta do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, un incremento nas bonificacións das peaxes da autoestrada AP-9, efectivo a partir do 1 de xaneiro de 2025.

Vehículos lixeiros: Os usuarios que realicen máis de 20 viaxes ao mes e utilicen o sistema de telepeaxe terán un aumento na bonificación por recorrencia, que pasa do 20% ao 50%.
Vehículos pesados: Elévase a bonificación do 20% ao 50% desde a primeira viaxe, sen importar o sistema de pago ou os tramos percorridos.
Bonificacións actuais
Mantéñense as reducións aprobadas en 2021, como os descontos asociados a viaxes de ida e volta dentro de 24 horas co mesmo orixe e destino en sentido contrario.
O orzamento destinado a cubrir os descontos da AP-9 en 2025 elévase a 81,6 millóns de euros. Esta medida busca fomentar o uso frecuente da autoestrada e aliviar os custos para transportistas e condutores habituais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.