O Concello de Muros ultima os detalles da súa I Gala do Deporte (este sábado 21)

17 Decembro 2024

O Concello de Muros celebra este sábado 21 de decembro a súa I Gala do Deporte no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil (18:30 horas).

O Goberno local presentou este martes 17 os detalles da cita, “un encontro para recoñecer o traballo que realizan a diario os clubs e deportistas de Muros, unha gala emotiva e con moitas sorpresas á que convidamos a toda a veciñanza”.

“O deporte forma parte de Muros, sempre cuns valores que se transmiten de xeración en xeración, con moitas persoas e entidades vencelladas que merecen un recoñecemento”, asegurou a alcaldesa, María Lago.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Damián Torea, destacou “a gran receptividade que tivo a gala entre o deporte local, unha iniciativa moi necesaria no Concello de Muros para dar visibilidade ao noso deporte”. “O evento do sábado será unha festa”, engadiu.

Na gala entregaranse os premios á mellor deportista feminina do Concello de Muros; mellor deportista masculino; mellor club do Concello de Muros; promesas feminina e masculina máis destacadas, e mellor evento deportivo municipal.

Haberá tamén un premio da veciñanza a través de votación popular, un recoñecemento especial do concello e ata tres mencións especiais.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.