O Concello de Boiro informou da execución das obras para a mellora dun camiño de acceso a parcelas agrícolas no lugar de Nine, unha actuación de 61.241,34 euros que conta co financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
As actuacións que se están a levar a cabo teñen como obxecto a mellora do firme e recollida de pluviais mediante a rehabilitación superficial coa aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e optimizar as características funcionais e a protección do conxunto do firme.
Vaise incorporar tamén unha nova rede de recollida de pluviais que evite as escorrentías de auga da choiva, unha actuación que se completará coa sinalización viaria horizontal para a mellora da seguridade do conxunto da vía.




