O Concello de Boiro completa pavimentados no centro urbano e en Vista Alegre, Currillo e Cubelo

11 Decembro 2024

O Concello de Boiro está a levar a cabo a renovación de pavimentos en varias rúas do núcleo urbano e tamén na contorna do complexo deportivo de Vista Alegre, en Cubelo e no Currillo. En total destínanse 65.927 euros de fondos propios para este plan de renovación de pavimentos.

No núcleo urbano actuouse nestes días de decembro nas rúas Robustiano Pérez del Rio e Francisco del Río Romero, co obxectivo de reverter o estado de deterioro destas vías debido ao paso do tempo.

Ademais, esta tempada estase actuando tamén no arranxo da zona de estacionamento do complexo deportivo de Vista Alegre, un espazo moi transitado debido á cantidade de persoas que fan uso a diario da instalación deportiva. Ademais, iniciouse o asfaltado dun camiño do Currillo a Xermea.

Nas próximas semanas vaise actuar nos accesos ao lugar de Cubelo, unha actuación que contempla o asfaltado e a dotación de rede de pluviais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...