O Concello de Boiro celebra os días 14 e 15 de decembro a XX Exposición da Camelia Sasanqua e Outras no Pazo de Goiáns

13 Decembro 2024

O Concello de Boiro celebra no Pazo de Goiáns os días 14 e 15 de decembro a XX Exposición da Camelia Sasanqua e Outras. A concelleira de Cultura e Turismo, María Outeiral, presentou na mañá deste martes 10 de decembro o programa de actividades desta edición.

O acto inaugural da mostra está previsto para o sábado 14 de decembro ás 17.00 horas e contará coa participación da Escola de Música de Boiro. No transcurso de apertura realizarase a plantación dun exemplar de camelia sasanqua. Dende as 18.00 e ata as 20.00 horas haberá un photocall de traxes tradicionais para todas aquelas persoas que se acheguen a visitar a exposición, que estará aberta ata as 20.30 horas.

O domingo a exposición abrirá en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.30 horas. Ás 19.00 horas haberá unha actuación de Germán Díaz, Uxía e Sergio Tannus, Alalás e Cantigas do Camiño de Santiago.

Van participar nesta exposición un total de 28 expositores, que completarán 48 metros de flor con expositores de toda Galicia e tamén Asturias. “O Pazo de Goiáns ten un atractivo especial para realizar eventos como este pola cantidade de árbores e plantas que se atopan na súa finca“, afirmou a concelleira María Outeiral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...