O Concello da Pobra e a Protectora Moura lanzan unha campaña de adopción responsábel de mascotas

17 Decembro 2024

A Concellaría do Benestar Animal da Pobra do Caramiñal e a Protectora Moura impulsan esta tempada de Nadal unha campaña co obxectivo de fomentar as adopcións responsábeis de animais. Baixo a mensaxe de “Queridos Reis Magos… este Nadal non quero ser un capricho, quero unha familia responsable!” convídase a dar fogar a algúns dos animais que neste momento se atopan no refuxio municipal.

Durante a semana pasada, a Protectora Moura repartiu folletos entre o alumnado dos CEP Salustiano Rey Eiras, CEP Pilar Maestú Sierra e EEI Fernández Varela.

O alcalde e titular da Concellaría do Benestar Animal, José Carlos Vidal, explicou que se promove esta acción para seguir traballando na defensa e protección dos animais. “Esta é unha mostra máis do noso compromiso co benestar animal e de seguir concienciando á cidadanía sobre a responsabilidade que supón ter unha mascota, o que se traduce no seu coidado, atención e bo trato”, apuntou o rexedor. Por iso, a Administración local e a Protectora Moura unen forzas, unha vez máis, dentro da súa liña de colaboración.

As persoas interesadas en sumar un novo membro aos seus fogares tan só teñen que poñerse en contacto a través do enderezo electrónico protectoramoura@gmail.com ou do Whatsapp 604030396. Tamén se poden facer doazóns económicas á entidade para axudarlle a sufragar os gastos veterinarios e de alimentación dos animais aos cales presta asistencia: ES10 0133 4751 6842 0000 5622.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.